O Albergue

O Alergue Monte Aro pretente reunir a gran diversidade de xente entusiasta e interesada no entorno, no Camiño de Santiago e na comarca do Xallas

Os nosos espazos están pensados para fomentar a comunicación entre persoas e o intercambio de experiencias. Ademáis, no noso salón poderás compartir un tempo divertido con outros hóspedes.

O noso albergue conta con 30 camas e con todos os servizos para facer a túa estancia máis agradable. Cada cama ten luz de lectura e enchufe individual, xogo de sábanas e almofada.

En cada baño dispomos de ducha individual, o que permitirá ter máis intimidade á hora do aseo.

Tamén contamos con un bar no que poderás degustar productos da zona e relaxarte tomando algo refrescante na nosa terraza.

Na recepción estaremos encantados de darte toda a información que precises con respecto á comarca na que estamos situados e o Camiño de Santiago. Se queres, axudarémoste a planificar a túa ruta turística!

Un aloxamento con historia

O Albergue Monte Aro está ubicado nunha antiga construción restaurada e reformada con moito cariño no 2018 para dar cabida aos peregrinos que cada ano fan o Camiño a Fisterra e Muxía.

O inmoble onde se aloxa foi contruído nos anos 50, para facer funcións de cobertizo, nel aloxaban ás vacas pertencentes á familia dos Aleixos. Tras uns anos e debido ao aumento de reses, traladaron ás vacas a unha cuadra máis amplia,empregando este edificio como pallal durante longo tempo.

Nos últimos anos, o inmoble foi utilizado para gardar leña, pero o seu estado non permitía facer un bo uso del.

Galería de Fotos

Aquí podes ver fotos das instalacións do noso albergue. Entra e da un paseo polas nosas instalacións!!