O noso albergue está localizado no Concello de Mazaricos, no lugar de Lago, en pleno Camiño a Fisterra, e situado a pouco máis de 1 km do pico do Monte Aro.
Gracias a súa posición estratéxica, é un punto perfecto para terminar a segunda etapa.
Etapas do Camiño a Fisterra recomendadas
Tradicionalmente, o Camiño a Fisterra estaba distribuído en tres etapas debido á falta de aloxamento existente na zona. É por isto que o itinerario máis popular dividiríase do seguinte xeito:
1ª Santiago – Negreira: 21 km
2ª Negreira – Olveiroa: 33 km
3ª Olveiroa – Fisterra: 35 km
Moitos peregrinos, ao pasar polo noso pobo, comentaban que esta distribución do Camiño a Fisterra facía o final de etapa moi longo e duro; polo que todos comentaban que o noso lugar era un punto estratéxico para un aloxamento. Estes comentarios animáronnos a levar a cabo a nosa idea de crear un albergue que ofreza ao peregrino unha alternativa para realizar o traxecto de forma máis cómoda e disfrutando máis da zona. De este xeito, propomos o seguinte itinerario:
1ª. Santiago – Negreira: 21 km
2ª. Negreira – Lago (Mazaricos): 25 km
3ª. Lago (Mazaricos) – Cee: 26 km
4ª. Cee – Finisterre: 15 km
Entorno no que nos atopamos
Lago é un lugar no que poderás disfrutar dunha experiencia auténtica, conocendo o entorno e compartindo o día a día coa xente do lugar. Ademáis, preto do noso albergue terás unha gran variedade de lugares que visitar e cousas que facer.
Lugar de Lago
Lago é unha pequena aldea na que viven 22 familias que se dedican principalmente á gandeiría. Neste lugar poderás conocer cómo traballan tanto no campo como nas granxas.
Outro dos puntos interesantes deste lugar, é subir ao Monte Aro. O seu pico sitúase a 556m, e aínda que a súa altura non parece demasiada, as vistas que ofrece dende o seu punto máis alto son impresionantes. Dende alí, pódese observar o Embalse da Fervenza e ao seu redor un val de gran extensión, no que se diferencian diferentes poboacións. Neste punto, estaba ubicado un antigo castro celta, na actualidade tovavía soterrado, pero do que se pode discernir a súa fortificación.
Ademáis, moi preto, encóntrase o embalse da Fervenza. Un embalse cunha beleza paisaxística importante e onde poderás realizar diferentes actividades (observación de aves, paseos en kaiak, rutas de sendeirismo ou a cabalo…).
Concello de Mazaricos
O Concello de Mazaricos consta de 12 parroquias e con unha gran diversidade de lugares con interés turísticos. Entre todos destacamos os seguintes:
O Dolmen de Parxubeira en Corbeira: datado entre o IV e III milenio A.C.
As Pozas de Nuveira: saltos de auga que se forman no río Arcos. As cascadas transcurren por un desnivel de rocas graníticas de aproximadamente 10 metros de altura. Son perfectas para darse un baño fresquiño no vrao, rodeado de natureza auténtica.
Cascada de Santa Leocadia: cascada con dous brazos de 6 metros de altura á que sólo poderedes chegar camiñando. Un lugar onde perderse rodeado dunha paraxe encantadora.
Devesa de Anllares: 60 hectáreas de bosque atlántico moi ben conservado. Neste lugar, as árbores crecen ao seu antollo sen ningún tipo de intervención humán.
Igrexas, Cruceiros e outras construcións: En Mazaricos existen diferentes lugares con valor arquitectónico como poden ser as múltiples construcións eclesiásticas que existen en todo o municipio, algunha delas con restos románicos coma a Igrexa das Maroñas ou a de Corzón; cruceiros con detalles relixiosos, a destacar principalmento o cruceiro de Cirolán situado en Suevos e que representa o desenclavo de Cristo; unha ponte romana situada en Brandomil; un muiño de auga que se aproveita da forza do río Xallas e múltiples hórreos que decoran a paisaxe.
Costa da Morte
Unha costa con personalidade propia, onde o contacto coa natureza e co auténtico engatua ao viaxeiro. Costa da morte é un lugar para disfrutar. Entre os lugares máis interesantes e cercanos ao noso albergue están os seguintes.
Alto das Paxareiras: A 19 km. Nestes montes atópase o maior parque eólico de Europa. Nunha das ladeiras poderedes achegarvos ao mirador de Louredo situado a 200mts sobre o nivel do mar, dende onde obtemos unha panorámica incríble. Dende aquí poderedes ver a inmensa plaia de Carnota, as marismas de Caldebarcos e o Monte Pindo. Ademáis, poderedes disfrutar cunha marabillosa exposición ao aire libre de Nando Lestón onde o artista lle dou unha nova vida a diferentes especies arbóreas mortas procedentes dos últimos incendios no Monte Pindo.
Cascada do Ézaro: A 24,5 km. É a única cascada de Europa Continental que desemboca directamente no mar. Ten unha caída de 40 metros de altura dende o Monte Pindo.
Monte Pindo: a 29 km. Un monte que se eleva a 627 metros do mar, cunhas vistas impresionantes e cun valor medioambiental moi importante. É moi recomendable facer a ruta que sube a Laxe da Moa; a cima desta montaña foi bautizada como o Olimpo Celta. Nela existen pilancóns que fan do lugar un sitio especial.
Corcubión: a 28 km en coche. O Camiño a Fisterra tamén pasa por esta vila declarada conxunto histórico-artístico polo seu casco histórico.
Carnota: A 29 km en coche. Carnota ostenta o título de ter o hórreo máis grande de Galicia con 35 metros de largo. Está declarado Monumento Nacional. Ademáis, Carnota tamén conta coa plaia máis longa de Galicia con máis de 7 km de lonxitude, esta plaia ten unha zona de marismas e dunas que cobixan a gran variedade de aves migratorias e flora endémica.
Muxía: a 36 km. O Santuario da Nosa Señora da Barca, situada na orilla do mar, e visitada por este en días de temporal, é un lugar para facer unha parada. Tamén podemos achegarnos á pedra dos Cadrís ou á pedra de Abalar (aínda que xa non abala), pedras ás que se lle atribúen múltiples propiedades.
Faro de Fisterra: a 41 km en coche do noso albergue, é un lugar con moito encanto. O Fin do Mundo. Este será o destino final de todos os peregrinos que percorran o Camiño a Santiago, a súa última etapa. En 2007 foi declarado Patrimonio Europeo pola súa importancia histórica.
Castros de Baroña: A 45 km. Non pertence á Costa da Morte, pero o seu emplazamento merece unha visita. Os castros son as antiguas edificacións dos pobos celtas. A peculiaridade dos Castros de Baroña é que se sitúa nun enclave estratéxico enriba do mar.